Quen somos?
A ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos) do Mestres Goldar é unha organización sen ánimo de lucro, aberta a todas as nais, pais e titores legais do CEIP Mestres Goldar (Vigo) que voluntariamente queiran asociarse. Somos unha asociación integrada na Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo ( F.O.A.N.P.A.S).
A finalidade do ANPA é:
- 1.Colaborar coa Dirección do centro nas diferentes actividades educativas e realizar actividades que consoliden o Proxecto Educativo do Centro, involucrando á totalidade da comunidade educativa.
- 2.Conseguir, promocionar e promover a participación activa das familias para a cooperación no desenrolo de actividades ou accións de mellora no centro educativo.
- 3.Transmitir ao colexio as necesidades, queixas ou reclamacións en representación das familias e ser un vehículo para a solución das mesmas.
- 4.Participar como representantes das nais e pais no Consello Escolar.
- 5.Cooperar co profesorado e o alumnado para a boa marcha do centro.
- 6.Apoiar ás familias en materia de educación infantil con accións formativas que poidan ser de interese para a comunidade.
- 7.Axudar na conciliación familiar con actividades extraescolares, aula matinal, comedor, etc.