Escola de nais e pais
As Escolas de nais e pais son espazos de información, formación e reflexión dirixidos a pais e nais, titores, familiares, docentes, á comunidade educativa en xeral que se encargan da educación dos menores. Trátase de ofrecer unha experiencia de beneficio social que queda amplamente xustificada dende o punto de vista pedagóxico.
É un espazo de aprendizaxe onde o intercambio de experiencias e a reflexión colectiva se converten en ferramentas que permiten mellorar os recursos educativos.
Ademáis son un recurso e espazo facilitador da participación das familias, representan unha oportunidade para a mellora da calidade na relación familias-escola, que constitúe un piar fundamental para calquera sistema educativo que aspire á calidade e que sexa inclusivo e de excelencia.
En cada un dos trimestres do curso escolar contamos cun profesional especializado que imparte unha charla dun tema escollido pola comunidade educativa e enfocada sempre ás necesidades propias do noso alumnado.