O noso cole
O CEIP Mestres Goldar é un colexio público dunha soa liña e, polo tanto, pódese dicir que familiar. Nel escolarízase ao alumnado dende os tres ata os doce anos, onde dá por rematada a etapa da Educación Primaria. Atópase situado nunha zona privilexiada ao lado do parque de Castrelos. Ten dúas liñas de transporte escolar e consta cunhas instalacións amplas tanto no interior como no exterior, contando con varios patios e xardíns. Agora mesmo, atópase inmerso nun proxecto de remodelacións de Patios Vivos. Pero sen dúbida a mellor forma de coñecelo é velo.