Blog



Festa Fin de Curso 21/22

Boas!


O próximo mércores a partir das 16h terá lugar a Festa Fin de Curso organizada pola ANPA: Contaremos con xogos e actividades para tódolos gustos (incluida a festa da espuma). 

Teremos merenda para toda a rapazada polo que se hai algún intolerante ou alérxico por favor avisade antes do día 20 no whastapp da Anpa e intentaremos facer a merenda accesible para todos.

Ademáis contaremos con cantina onde poderedes comprar refesccos, limonada, cafés, xeados...

Lembrade que os nenos deben estar vixiados por un adulto en todo momento, que non se pode acceder as zonas marcadas con NON PASAR, e facer un uso responsable das imaxes a menores.

Non vos esquezades a roupa de baño, chanclas, gafas de piscina e toalla para o fin da festa.

Nese día toda a vosa colaboración no tema de por merenda, recoller ao fin da festa e botar un ollo aos rapaces é ben recibida xa que as nosas máns son limitadas e tamén queremos disfrutar nalgún momento da festa cos nosos fillos e fillas.

Agardámosvos!

AVISO DE COOKIES

Esta web utiliza cookies. Si continúas navegando entendemos que aceptes la política de privacidad y la política de cookies.